Friday 10 de May de 2024

Restriccións no tráfico con motivo do III Duatlón de Riveira Memorial Jesús e Vicente


O Concello advirte de que con motivo da celebración este domingo día 5 da terceira edición do III Duatlón Concello de Riveira ‘Memorial Jesús e Vicente’ produciranse as seguintes restricións na circulación e estacionamento de vehículos:

• De 9 a 13.30 horas estará cortada a circulación no circuíto dende a rotonda de autobuses no Malecón ata a rotonda da estrada AC-305 próxima ao establecemento Lidl que dá acceso á Autovía pola Avenida da Paz (rúas afectadas: Malecón, García Bayón, Carolinas e Avenida da Coruña).

• A entrada e saída da cidade será pola Avenida Miguel Rodríguez Bautista e pola Avenida de Ferrol. Poderase acceder ao porto dende a rotonda de autobuses (só para estacionamento e servizos portuarios).

• Quedará prohibido o estacionamento de vehículos entre Malecón e Avenida da Coruña a partir das 00.00 horas do domingo 5.

• Quedará prohibido o estacionamento nas explanadas situadas fronte ao Pavillón de Coroso e a UAD a partir das 15 horas do sábado 4.